THE VOYAGES OF CAPTAIN SCOTT,
por Charles Turley
Editado por Smith Elder , & Co, 1914, 8º, 432 pgs, con retrato no frontispicio de Robert F. Scott en fotograbado, 4 ´laminas a cor, 28 pgs en BN con fotografias tomadas por membros da expedición do Terra Nova, un facsimil das notas de Scott, e un mapa.
No libro se decriben os feitos xa narrados en The Voyage of the Discovery e Scott´s Last Expedition . Nunha primeira fase o libro centra-se na vida de Scott e na sua carreira militar e na expedición do Discovery.
No verán do ano 1900 estaba a organizar a Expedición Nacional Antártica. En 1901 tiña-o todo preparado. A sua embarcación, o Discovery, partia rumo ao Polo Sul. A comezos de novembro, Scott, e os seus oficiais, Edward Wilson e Ernest Henry Shackleton, parten cara o Polo Sul. A finais de decembro, os tres homes dan meia volta, asediados pola fame e preocupados porque Shackleton contraiu o escorbuto.
Chegaran ao ponto mais ao sul explorado até o momento a unhas 530 millas do polo. O Discovery foi atrapado polos xelos e tiveron que usar dinamiña para oliberar . Scott voltou a Grande Bretaña e foi recebido como un héroe.
A na segunda fase centra-se na expedición que lle custaria a vida. a foto son nítidas claras e realizadas nun magnifico papel. A mayoria aparecen asinadas por Bowers. Aparece unha dramática última foto asinada por Gran titulada no último descanso, no que aparece a tumba dos expedicionarios. O facsimil se corresponde coas notas do último diário de Scott. O mapa se corresponde con un roteiro dela expedición . Libro moi interesante e económico de adquirir.